martes, 18 de octubre de 2011

O alcalde de Vigo e o xornal Faro de Vigo

Lendo o xornal "Atlántico diario" vertíanse unhas acusacións contra o decano da prensa española ("Faro de Vigo") en forma de apoio e servilismo co concello vigués, de ser o órgano "oficial" da alcaldía e de ter privilexios á hora das informacións, cousa que resultou ser certa e, por riba, na súa edición dixital fan uso da censura.

Comprobouno un dos membros deste blogue que enviou a mesma resposta ata en tres ocasións e mentres a súa non saía publicada (xa que hay unha moderación previa) sí se publicaban moitas outras menos correctas, con faltas de ortografía e irrelevantes con respecto ó tema tratado.

¿Qué lle podía perturbar tanto ó "Faro" e os seus censores como para non publicar os nosos comentarios? pois que deixabamos en evidencia tanto a mentira da alcaldía como a manipulación do propio "Faro" co tema da restricción da auga xa que, pra quen non o saiba, a cidade de Vigo, aínda non ten restriccións de auga pese a que o seu embalse principal non da pra máis. Para solventar isto ROUBASELLE a auga a outros concellos que SÍ teñen restriccións e non terían por qué telas.

Cando isto saiu á luz e os vigueses comezaron a falar mal do goberno local, o cínico do alcalde, a través do "Faro de Vigo", falou de que ían suprimir temporalmente o uso de fontes e regos de xardíns. Cousa totalmente falsa xa que solo unhas poucas fontes cortaban a auga POLO DÍA, mentres que, pola noite funcionaban a maioría, e os regos non só funcionan POLAS NOITES, senon que fano MAL, desperdiciando auga, cheando as rúas de regatos, non apuntando cara as plantas u cara o céspede e SÍ cara a RÚA....por non falar dos que teñen o dispersor roto e tiran a auga que non é dos vigueses.

Denunciouse isto e non no lo publicaron, iso sí, ó día seguinte,  e un par máis, cortaron ó rego de boa parte da cidade, ata que a xente olvidouse do tema e agora seguen a tirar un recurso tan preciado. Pero quizais o máis preocupante sexa a actitude e pasividade da xente.

No hay comentarios: